Coñecemos varias técnicas de refactoring e hoxe imos ver como o noso IDE pode botarnos unha man mellorando o noso código.
O teu traballo:
Comezamos vendo todo o que VSCode fai para botarnos unha man. Fai un pequeno titorial no teu blog sobre o pouco que cómpre teclear para ter un sinxelo .java
Crea un novo ficheiro de nome probasVSCode.java e teclea nel:
- class e tabula ata o cadrado
- main e tabula ata o cadrado
- system e tabula no que conveña
- Fai clic no Run que aparece xusto enriba do main
Tamén VSCode axuda a refactorizar. Védes que no menú de cando facemos clic co botón da dereita sobre o código. Por suposto a nosa axuda vai vir de:💡
Imos consultar esta páxina web sobre VSCode.
Caso 1: Poñer nome á variable
Tecleade ou copiade esta liña de código:
Arrays.asList("vermello", "laranxa", "verde");
Xa el soíño fai os import necesarios.
Aparece 💡 e escollemos asignar a variable local e xusto sae unha caixa de texto no que poñemos o nome a esa variable, eu vou poñer colorins
Vou pedir que mostre en pantalla un deses coloríns, por exemplo o de índice 2
- Tecleo System e tabulo e borro as comiñas
- Tecleo colorin. e tabulo e vexo que aparecen os métodos que podo usar. Escollo get e tecleo o índice 2
Caso 2: Cambio de algoritmo con mellora de bucles
Se tecleades o código da imaxe vedes que aparece 💡 se facedes clic alí ofrécevos a posibilidade de cambiar o tipo de lazo for
Caso 3: Crear constantes
VSCode detecta que 3.14 é unha constante e propón crear unha constante á que lle podemos poñer o nome de PI

Caso 4 : Extraer método ou redución lóxica
Ofréceme a posibilidade de crear un método privado do código:

Caso 5 : Variables autoexplicativas
Se chegaches ata aquí pode que o teu ficheiro sexa parecido ao meu.
Propón ti agora outras das posibilidades de refactorizar que ofrece VSCode na súa páxina



