Refactoring con VSCode

Coñecemos varias técnicas de refactoring e hoxe imos ver como o noso IDE pode botarnos unha man mellorando o noso código.

O teu traballo:

Comezamos vendo todo o que VSCode fai para botarnos unha man. Fai un pequeno titorial no teu blog sobre o pouco que cómpre teclear para ter un sinxelo .java
Crea un novo ficheiro de nome  probasVSCode.java e teclea nel:

  1. class e tabula ata o cadrado
  2. main e tabula ata o cadrado
  3. system e tabula no que conveña
  4. Fai clic no Run que aparece xusto  enriba do main

Tamén VSCode  axuda a refactorizar. Védes que no menú de cando facemos clic co botón da dereita sobre o código. Por suposto a nosa axuda vai vir de:💡
Imos consultar esta páxina web sobre VSCode.

Caso 1: Poñer nome á variable

Tecleade ou copiade esta liña de código:
Arrays.asList("vermello", "laranxa", "verde");

Xa el soíño fai os import necesarios.
Aparece 💡 e escollemos asignar a variable local e xusto sae unha caixa de texto no que poñemos o nome a esa variable, eu vou poñer colorins
Vou pedir que mostre en pantalla un deses coloríns, por exemplo o de índice 2

  1. Tecleo System e tabulo e borro as comiñas
  2. Tecleo colorin. e tabulo e vexo que aparecen os métodos que podo usar. Escollo get e tecleo o índice 2
Caso 2: Cambio de algoritmo con mellora de bucles

Se tecleades o código da imaxe vedes que aparece 💡 se facedes clic alí ofrécevos a posibilidade de cambiar o tipo de lazo for 

Caso 3: Crear constantes

VSCode detecta que 3.14 é unha constante e propón crear unha constante á que lle podemos poñer o nome de PI

Caso 4 : Extraer método ou redución lóxica

Ofréceme a posibilidade de crear un método privado do código:

Caso 5 : Variables autoexplicativas

Se chegaches ata aquí pode que o teu ficheiro sexa parecido ao meu.

Propón ti agora outras das posibilidades de refactorizar que ofrece VSCode na súa páxina

Recursos para as VLAN

Que interesante e que ben explicado está o que é unha VLAN nesta páxina !!

O teu traballo:

  • E non vexades o chulo que é o exercicio do final 😉 Vai ao final da páxina e descarga no apartado 4 o exercicio.
  • Fai unha pescuda por internet para atopar comandos IOS que funcionen con VLAN.
  • A xogar no Packet Tracer: dous switch,  tres VLAN con dous equipos cada unha para subir ao teu blog demostrando que funcionan.

VLAN trunking

Que tal a topoloxía da imaxe deste post para entrenar? Lembrade que para conectar switches en Packet Tracer usamos un tipo de cable distinto para facer o trunking.

Moi ben explicado o do trunking con IOS aquí.

O teu traballo:

Queremos ver no voso blog aos paquetitos indo dun equipo dunha VLAN a outra axudados por este documento alá pola páxina 104:

 

VLAN en teoría e na práctica

Tecleadas  unhas anotacións para que  entendamos ben o tema das VLAN.

O teu traballo:

  • No noso documento destes días avanzamos ata o TRABAJO 8.3 (páx 104) onde se aborda o asunto dos enlaces troncais, trunking para os amigos. Dades feito ese traballo? Subide o vídeo onde se vexa que tedes varios switches conectados e que a cousa vai ben.
  • Xa tedes preparada unha chuleta con todos os comandos CLI de IOS de CISCO?

VLAN nun documento

Os switches permiten organizar os equipos que teñen conectados de tal xeito que creamos algo similar a unha subrede: uns pertencen a unha e outros a outra e non se comunican entre elas como se estiveran en grupos distintos. Neste caso chámase LAN virtual e todos os ordenadores están conectados ao mesmo switch pero en cadansúa VLAN. En caso de non asignar unha VLAN a un equipo estará na VLAN1.

Ben explicado aquí

O teu traballo:

Neste documento temos un exercicio para usar o CLI. Hoxe imos adicarlle un rato a montar en Packet Tracer un par de VLANs tal e como se conta neste vídeo feito co TRABAJO 8 que está pola páxina 99.

Sube ao teu blog  unha captura na que  se vexa que non se poden mandar paquetes de equipos dunha VLAN ata os ordenadores da outra. Escolle ben o switch.