Descrición
Usa MailPoet para crear, enviar, xestionar e facer medrar as túas campañas de márketing por correo electrónico, sen saír do Escritorio de WordPress.
O noso construtor de boletíns intégrase perfectamente con WordPress para que así calquera propietario de webs poida crear correos preciosos desde cero ou utilizando modelos adaptativos que se mostren sen problemas en todos os dispositivos.
Programa os teus boletíns de correo, envíaos inmediatamente ou programa avisos automáticos ao publicar unha entrada do blog con só uns poucos clics.
Coa confianza de 500.000 webs WordPress desde 2011.
Cun plan gratuíto para comezar e plans de pago escalables con funcionalidades avanzadas, MailPoet é unha solución de márketing por correo electrónico axeitada tanto para principiantes como para expertos.
Visita a nosa web para obter máis información sobre plans e prezos
Todas as características
- Crea e engade formularios de subscrición na túa web
- Xestiona os teus subscritores e listas de subscritores en WordPress
- Crea e envía boletíns con WordPress
- Crea correos electrónicos automáticos para enviar notificacións de novas entradas
- Envía correos electrónicos de benvida automáticos
- Opcións de segmentación de subscritores segundo o comportamento e os intereses
- Modelos de correo electrónico e de formulario de subscrición prediseñados e personalizables
- Varias ubicacións do formulario de subscrición: debaixo das páxinas, barra fixa, ventá emerxente, slide-in, shortcode, ao intentar saír
- Correos electrónicos de WooCommerce: carriño abandonado, primeira compra, produto específico, categoría de produto, cambio de estado do pedido, valoración engadida
- Personaliza os correos electrónicos transaccionais de WooCommerce
- Automatiza a xestión de subscritores (engadir/eliminar de listas, engadir/eliminar etiquetas, actualizar datos do subscritor) (require un plan de pago)
- Crea disparadores e accións de automatización personalizados (require un plan de pago)
- Ramifica as túas automatizacións con condicións si/se non para mellorar a participación (require un plan de pago)
- Entrega fiable de correos electrónicos co Servizo de Envío de MailPoet (dispoñible de balde – require un plan)
- Estatísticas básicas de participación (gratuítas) e estatísticas de participación detalladas (require un plan de pago)
- Segmentación con varias condicións (require un plan de pago)
- Integración con Google Analytics (require un plan de pago)
- Soporte a través da nosa Base de coñecemento e dos foros da comunidade (gratuítos) e soporte prioritario ao cliente (require un plan de pago).
Por que escoller MailPoet
- Construtor de boletíns fácil de usar
- Fermosos modelos que funcionan perfectamente en todos os dispositivos
- Non precisa configuración: funciona tal cual
- Xestiona todo desde o Escritorio de WordPress
- Maiores taxas de entrega co Servizo de Envío de MailPoet
- Cumpre co GDPR
- Plan gratuíto para pequenos remitentes ou para quen está a comezar
- Funcionalidades avanzadas dispoñibles para axudar a acadar o crecemento.
Correos electrónicos de WooCommerce
Promociona o teu negocio, vende máis produtos e mellora o teu servizo de atención ao cliente coas características de WooCommerce de MailPoet.
Usa as opcións de correo electrónico automatizado para:
- Dálle a benvida aos novos clientes cando fan a súa primeira compra
- Aumenta as vendas enviando correos electrónicos a clientes que compraran un produto determinado ou dunha categoría de produto específica
- Converte máis clientes enviando unha serie de correos electrónicos de carriño abandonado
- Recupera os clientes que hai tempo que non fan unha compra con ofertas personalizadas (require un plan de pago)
- Fai un seguimento dos clientes que deixaron unha recensión para fomentar unha maior participación (require un plan de pago).
E coas opcións de segmentación específicas de WooCommerce, poderás enviar correos electrónicos dirixidos aos teus clientes segundo criterios como o seu país, o número de pedidos realizados, canto gastaron e se teñen unha subscrición de produto activa (con tecnoloxía de WooCommerce Subscriptions) ou unha adhesión (con tecnoloxía de WooCommerce Memberships).
Ademais, tamén poderás aumentar o recoñecemento da túa marca personalizando os correos electrónicos transaccionais de WooCommerce. Crea unha experiencia de marca unificada cambiando a estrutura, as cores e as tipografías dos teus correos, e engadindo imaxes ou información adicional.
Servizo de Envío de MailPoet
O Servizo de Envío de MailPoet é gratuíto se só tes uns poucos subscritores, con plans escalables a partir de aí. Le máis.
Enviar correos electrónicos e boletíns co teu servidor non é boa idea. Podes encontrarte con limitacións na velocidade de envío e os teus correos poden acabar na carpeta de spam.
Para axudarche a enviar sen problemas, creamos unha infraestrutura de envío avanzada construída para WordPress. A nosa tecnoloxía permíteche:
- Chega ás bandexas de entrada, non ás carpetas de spam
- Envía correos electrónicos super rápido (ata 50.000 emails por hora)
- Mantén a túa reputación como remitente e mellora os niveis de participación coa xestión automática de rebotes e queixas. Deixa de enviar automaticamente a enderezos non entregables e que se queixan
- Identifica os teus correos electrónicos (con SPF e DKIM) para mellorar a entregabilidade e evitar as caixas de spam.
É moi fácil configurar o servizo de envío de MailPoet, só tes que proporcionar unha clave no escritorio do teu WordPress e xa está!
Plans e prezos de MailPoet
MailPoet pódese descargar de balde. A nosa descarga gratuíta inclúe todas as características indicadas arriba (excepto as que requiren un plan) baixo os seguintes criterios:
- Ata 1.000 subscritores
- Marca de MailPoet nos correos electrónicos
- Envía correos electrónicos co teu propio método de envío (aloxamento, SendGrid, Amazon SES, etc.).
Ou, se optas por un plan de MailPoet, terás acceso ao Servizo de Envío de MailPoet.
Hai un plan gratuíto para quen queira comezar con poucos subscritores e usar o Servizo de Envío de MailPoet. E os nosos plans de pago ofrecen características e funcionalidades para quen ten listas máis grandes e quere facer medrar o seu negocio co márketing por correo electrónico.
Bótalle un ollo á nosa páxina de prezos para coñecer todos os detalles do que inclúe cada plan.
Antes da instalación
Por favor, ten en conta:
- O soporte multisitio é limitado
- Revisa os nosos requirimentos mínimos.
Traducións
- Albanés
- Árabe
- Catalán
- Checo
- Danés
- Holandés
- Holandés (formal)
- Francés (Canadá)
- Francés (Francia)
- Alemán
- Alemán (Suíza)
- Alemán (formal)
- Grego
- Hindi
- Italiano
- Xaponés
- Polaco
- Portugués (Brasil)
- Portugués (Portugal)
- Romanés
- Ruso
- Serbio
- Eslovaco
- Español (México)
- Español (España)
- Sueco
- Turco
- Ucraíno
Son benvidos os tradutores con experiencia para traducir directamente o noso proxecto en Transifex. Tede en conta que as traducións enviadas pola web de «Traducións de WordPress» non funcionarán.
Seguridade
O noso repositorio é público e dispoñible en GitHub.
Tes algunha pregunta? Escríbenos a security@ o noso dominio ou informa dos problemas de seguridade no noso programa Bug Bounty.
Uso de servizos de terceiros
MailPoet usa os seguintes servizos, necesarios para a súa funcionalidade completa:
- Translate WordPress.com – usado para descargar as traducións do plugin.
Para mellorar a experiencia de usuario, MailPoet pode usar as seguintes bibliotecas de terceiros se o axuste Cargar bibliotecas de terceiros está activado:
-
Google Fonts – usado no editor de formularios, co que podes personalizar os teus formularios, e no editor de correos electrónicos para darlles estilo. Pódese desactivar individualmente mediante un filtro. Termos do servizo e Política de privacidade
-
WordPress.com – usado para buscar na Base de coñecemento coa axuda da IA.
-
Mixpanel – usado para enviar datos sobre o uso do plugin MailPoet cando aceptas compartir connosco os datos de uso. Termos do servizo e Política de privacidade
-
Satismeter – usado para pedir comentarios. Termos do servizo e Política de privacidade
-
Crowdsignal – usado para cargar a nosa enquisa de desactivación e mellorar o plugin. Termos do servizo e Política de privacidade
A carga de todas estas bibliotecas está desactivada por defecto. A opción pódese activar en Axustes de MailPoet > Avanzado > Cargar bibliotecas de terceiros.
Capturas






Blocks
Este plugin proporciona 1 bloque.
- MailPoet Marketing Opt-in
Preguntas frecuentes
MailPoet almacena os datos dos subscritores?
Non almacenamos nin gardamos ningún dato dos teus subscritores. Porén, se envías co noso servizo, si que procesamos todos os correos electrónicos que se enviarán. Iso significa que MailPoet só rexistra as direccións de correo electrónico para asegurarse de que o noso servizo funciona correctamente. Non monitorizamos nada máis.
Que é o Servizo de Envío de MailPoet?
O Servizo de Envío de MailPoet está construído exclusivamente para enviar correos electrónicos de WordPress e WooCommerce. A nosa tecnoloxía exclusiva ofrece altas velocidades (máis de 50.000 emails por hora) e rendemento, 99% de tempo de actividade e cero perdas.
Podes escoller como queres enviar os correos electrónicos: co teu propio host (por defetcto, pero non aconsellable), co Servizo de Envío MailPoet, con SendGrid, con Amazon SES, ou coa maioría dos provedores de SMTP incluíndo MailGun, etc.
Por que debería usar o Servizo de Envío de MailPoet?
Á nosa taxa de entrega global é do 98.5%, superando así os estándares da industria. Monitorizamos todos e cada uno dos millóns de correos electrónicos que enviamos.
Tanto dá se envías 10 ou 100.000 correos electrónicos ao día, o Servizo de Envío de MailPoet xestiona desde boletíns de pequenas empresas a listas de correo enormes con milleiros de subscritores.
Desaconsellamos encarecidamente que envíes co teu host, aquí explicamos por que.
Se estás comezando co teu boletín, ofrecemos un plan gratuíto para que empeces.
Podo filtrar categorías específicas para as miñas notificacións de entradas?
Si! En MailPoet podes especificar que categorías ou etiquetas queres incluír ou excluír. Isto permíteche enviar só entradas de categorías ou etiquetas específicas, garantindo así que as entradas non relevantes non aparecen nos teus boletíns. Tamén podes configurar múltiples boletíns de notificacións de entradas para afinar mellor os intereses dos teus subscritores.
MailPoet cumpre co GDPR?
Si, cumprimos co GDPR. Pero non ofrecemos un Acordo de Procesamento de Datos. A nosa política de privacidade pode funcionar como acordo e o GDPR ten isto en conta. Se usas o noso servizo, aceptas a nosa Política de Privacidade.
Recomendámosche que engadas un enlace á nosa Política de Privacidade na túa propia páxina de Política de Privacidade. O máis importante é que te asegures de que os teus subscritores saben que é MailPoet quen entrega os teus correos electrónicos, se é que os envías co noso servizo.
Tamén podes ler a nosa Guía de cumprimento co GDPR.
Si, con MailPoet os teus clientes poden subscribirse á túa lista de correo durante o pagamento. Mesmo poderás enviarlles recordatorios dos seus carriños abandoados se marcharon sen completaren a compra.
É MailPoet ou Mail poet?
É MailPoet, non mail poet. Con todo, atendemos ás dúas.
Precisas axuda?
Revisa a nosa Base de Coñecemento ou contacta con nós a través do noso sitio de soporte.
Comentarios
Colaboradores e desenvolvedores
“MailPoet – Newsletters, Email Marketing, and Automation” é un software de código aberto. As seguintes persoas colaboraron con este plugin.
Colaboradores“MailPoet – Newsletters, Email Marketing, and Automation” foi traducido a 30 idiomas. Grazas aos desenvolvedores polas súas contribucións.
Traduce “MailPoet – Newsletters, Email Marketing, and Automation” ao teu idioma.
Interesado no desenvolvemento?
Revisa o código, bota unha ollada aorepositorio SVN, ou subscríbete ao log de desenvolvemento por RSS.
Rexistro de cambios
5.40.0 – 2026-09-29
- Added: Opción «Só subscritores que podemos rastrexar» nos filtros de segmentos de participación, para que segmentos como «non abriron» exclúan os subscritores cuxas aperturas non se rexistran;
- Improved: Aviso de actualización de PHP, que agora informa aos sitios con PHP 8.0 e anterior de que MailPoet requirirá PHP 8.1 a partir de febreiro de 2027;
- Fixed: A puntuación de participación móstrase como descoñecida para os subscritores que non se poden rastrexar, en vez de baixar cara ao 0 %;
- Fixed: Os bloques automatizados de Último contido, Entradas e Produtos agora ocultan o contido das entradas protexidas por contrasinal;
- Fixed: Os títulos das entradas e os nomes dos sitios móstranse como texto sen formato nos correos electrónicos, e o bloque Últimas entradas mostra as entradas como texto de só lectura.
