Con estilo e
adaptable

Axusta os estilos adaptables dos bloques e os estados interactivos sen CSS. Edita os teus medios nun editor moderno, engade Notas máis ricas e @mencións, e ten a man as ferramentas que necesitas.

Aplicar estilos adaptables

Dálle estilo ao contido á túa maneira, en todas as pantallas.

WordPress 7.1 dá un gran paso cara ao deseño adaptable integrado. Establece como se ve un bloque en diferentes tamaños de pantalla directamente no editor, tanto para Estilos globais como para bloques individuais, sen escribir CSS personalizado.

Unha nova forma de recortar

Un fluxo de traballo dedicado á edición das túas imaxes.

Un novo editor de medios emerxente substitúe a antiga ferramenta de recorte integrada, e reúne nun único fluxo de traballo simplificado o recorte libre e por relación de aspecto, o xiro, a rotación precisa e a edición de metadatos. O coñecido botón Recortar segue levándote alí, e agora abre un espazo dedicado para recortar, rotar e axustar imaxes antes de publicar.

Barra de administración, agora en todos os editores

Navegación coherente, do escritorio ao editor.

A barra de administración agora queda contigo en todos os editores, así sempre sabes onde estás. A barra de administración tamén recibe un pequeno renovado visual.

Grazas aos máis de 800 colaboradores que fixeron posible esta versión