WordPress.org

Acerca de

Requirimentos

Requirimentos

Para executar WordPress, recomendamos que o teu aloxamento sexa compatible co seguinte: unha base segura e moderna para o rendemento e a seguranza.

PHP

Versión 8.3 ou superior.

Fai funcionar WordPress no teu servidor. Máis información

Base de datos

MariaDB 10.11+ ou MySQL 8.0+.

Almacena o teu contido e os teus axustes. MariaDB · MySQL

HTTPS

Obrigatorio en todas as instalacións.

Cifra a conexión do teu sitio. Por que importa HTTPS

Exactamente. Recomendamos Apache ou Nginx, ao ser os servidores máis robustos e flexibles para executar WordPress, pero calquera servidor que sexa compatible con PHP e MySQL funcionará. É dicir, non podemos probar todo entorno posible e cada aloxamento da nosa páxina de aloxamento é compatible co anterior sen problemas.

Para obter recomendacións detalladas sobre extensións PHP, consulta o manual de aloxamento web.

Estás a usar versións herdadas?

WordPress seguirá funcionando en PHP 7.4+ e MySQL 5.5.5+, pero esas versións chegaron ao fin da súa vida útil oficial e poden expor o teu sitio a vulnerabilidades de seguranza. Recoméndase encarecidamente actualizar.

Pedirlle ao teu aloxamento que execute WordPress.

Se non estás seguro de se o teu aloxamento xa pode executar WordPress, aquí tes unha petición que podes copiar e pegar para enviarlla!

Estou interesado en executar o software web de código aberto WordPress <https://wordpress.org/> e preguntábame se a miña conta admite o seguinte:

  • PHP 8.3 ou superior
  • MariaDB versión 10.11 ou superior OU MySQL versión 8.0 ou superior
  • Nginx ou Apache con módulo mod_rewrite
  • é compatible con HTTPS

Grazas!

Non obrigatorio, pero sí recomendado para unha mellor seguridade.

O aloxamento é máis seguro cando as aplicacións PHP, como WordPress, se executan utilizando o nome de usuario da túa conta en lugar do nome de usuario compartido por defecto do servidor. Pregunta ao teu potencial provedor de aloxamento que medidas toman para garantir a seguridade da túa conta.